O PP de Noia acusa ao alcalde de “querer atrasar a construción do centro de día” para culpabilizar á Xunta de Galicia

17 Xaneiro 2026
Antiga curtidora da Chaínza nunha imaxe de arquivo

O voceiro e presidente local do PP de Noia, Santiago Freire, emitiu un comunicado no que asegura que “o alcalde e o PSdeG-PSOE tratan de atrasar a construción do centro de día para así culpabilizar á Xunta de Galicia da súa propia incapacidade”.

Freire Abeijón lembra que “nós tiñamos encamiñado un proxecto para facer un centro de día na Chaínza, a carón do novo albergue de peregrinos, unha iniciativa que contemplaba unha achega municipal e que ía ser co-financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, pero o PSOE e A Marea decidiron botalo todo atrás e comezar de novo todo o procedemento”.

Para o voceiro e presidente local do PP de Noia “o anuncio de que o PSdeG-PSOE vai presentar unha pregunta no Parlamento para reclamarlle á Xunta a construción dun centro de día en Noia non é máis ca unha cortina de fume para tratar de xustificar a renuncia do Concello de Noia á construción dunha instalación fundamental para a atención das persoas maiores da localidade e tratar de culpabilizar á Xunta de Galicia da incapacidade do Goberno Local de facer o seu traballo en tempo e forma”.

Santiago Freire argumentou que “incluso o meu Goberno xa tiña xestionado un convenio de colaboración para que, mentres duraran as obras de construción do centro de día de Noia, as persoas maiores da nosa localidade puideran facer uso do centro de día de Lousame, a apenas 2 km do centro da vila e cun servizo de transporte adaptado; porén, nin o PSOE nin a Marea de Noia deron contestación a ese convenio, que deben ter gardado nun caixón dende a moción de censura”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.