O PSdeG-PSOE reclama á Xunta a construción dun centro de día en Noia

16 Xaneiro 2026

O PSdeG-PSOE trasladará ao Parlamento de Galicia a petición do Concello de Noia para a construción dun centro de día para as persoas maiores da localidade. Así o anunciou a deputada socialista, Patricia Iglesias, tras unha reunión institucional co alcalde, Francisco Pérez, celebrada este venres 16 de xaneiro pola mañá.

Durante o encontro, o alcalde expuxo a necesidade de contar cun centro de día para a atención das persoas maiores da localidade, tratándose “dunha das prioridades para a vila”, segundo indicou Iglesias, e engadiu que “traballadores e traballadoras durante toda a súa vida merecen un coidado digno, unha vellez digna”.

A deputada socialista afirmou que “existe unha solicitude formal por parte do alcalde dirixida á Conselleira de Política Social da Xunta de Galicia”, pola contra, “a día de hoxe aínda non contestou”,

O alcalde manifestou disposición para colaborar coa Xunta no desenvolvemento do proxecto, incluíndo a posibilidade de facilitar terreos para a súa construción. A deputada explicou que, malia esta vontade de cooperación institucional, non se recibiu contestación por parte da Consellería, que “mantén silencio” sobre a petición formulada.

Ante esta situación, Iglesias anunciou que rexistrará no Parlamento de Galicia a petición formulada polo alcalde de Noia para reclamar a construción do centro de día “para os maiores da vila”.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.