Activada a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e Pontevedra

11 Xaneiro 2026

A Xunta de Galicia activou para este luns a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra. A medida adóptase co obxectivo de garantir a seguridade das persoas e os bens ante a previsión dun empeoramento significativo das condicións meteorolóxicas.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) , o fenómeno meteorolóxico adverso estará activo desde primeiras horas da mañá. Prevese vento do sur ou suroeste de forza 8 e mar combinada do suroeste con ondas que poderán alcanzar os cinco metros de altura.

Ante esta situación, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, dependente da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, comunicou a activación da alerta a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia aos concellos das provincias afectadas, así como a deputacións, servizos náuticos, agrupacións de voluntarios de Protección Civil e clubs provinciais, entre outros organismos.

Como consecuencia da alerta laranxa, a Secretaría Xeral para o Deporte anunciou a suspensión de toda a actividade deportiva no mar, tanto federada como incluída no programa Xogade, nos concellos afectados, de acordo coas previsións dos organismos meteorolóxicos, que poden consultarse na web de Deporte Galego.

A Xunta insiste na importancia de extremar as precaucións e seguir as recomendacións de seguridade, como manterse afastado da liña de costa —especialmente de diques, rompentes e paseos marítimos—, revisar os cabos e amarres das embarcacións e evitar calquera actividade innecesaria no mar.

Así mesmo, aconséllase á cidadanía consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal
), onde se ofrece información meteorolóxica actualizada e ligazóns de interese relacionados coa evolución do temporal.

Outros artigos

Noia alzou a voz contra a violencia machista

Na mañá deste mércores 25 de novembro, o alumnado dos centros educativos de Noia foi protagonista da lectura do manifesto con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A axenda deste mércores deu comezo ás 11.45 coa lectura da...

+

Ribeira suma unha nova veciña centenaria: Rosa Dios Cores

Rosa Dios Cores soprou onte o número 100 para converterse nunha nova veciña centenaria de Ribeira. A alcaldesa, María Sampedro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, desprazáronse ata o domicilio familiar da parroquia de Oleiros para compartir tempo nun...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...