María Sampedro clausura o Programa Ribeira Concilia na súa edición de Nadal

07 Xaneiro 2026

A edición de Nadal do Programa Ribeira Concilia clausurouse este mércores 7 de xaneiro cun festival para os 45 nenos e nenas participantes. A alcaldesa, María Sampedro, achegouse ata o polideportivo do CEIP O Grupo para compartir tempo coa rapazada e facerlle entrega dos diplomas de asistencia.

Durante a súa visita, a rexedora destacou esta medida de conciliación posta en marcha polo Concello de Ribeira “para favorecer a compatibilización da vida persoal e laboral das familias durante estas datas dado o período de vacacións escolares que supón para os máis pequenos da casa. Seguiremos traballando nesta senda para ofrecerlle á nosa cidadanía prestacións de conciliación”, sinalou.

O dito programa estivo operativo do 22 ao 31 de decembro e do 2 ao 7 de xaneiro, agás festivos; período no que se ofreceron opcións de
ocio para a rapazada seguindo a temática da época.

Por primeira vez desenvolveuse no Conservatorio Municipal de Música “Enrique Paisal” por reunir unhas mellores condicións no
inverno, exceptuando o uso do pavillón para actividades puntuais de carácter deportivo ou o propio festival de clausura.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.