Interrompido o servizo de felicitación de aniversarios da Pobra

08 Maio 2020

Unha das iniciativas do Concello de Pobra do Caramiñal para mitigar o prolongado confinamento das familias nos seus domicilios durante a fase máis rigorosa do Estado de Alarma, vén de chegar ao seu remate. Estamos a falar do servizo de felicitación de aniversarios das nenas e nenos do termo municipal, que foi desenvolvido ao longo das pasadas semanas polos efectivos da Policía Local.

Agora, coa posibilidade de saír á rúa da rapazada da Pobra, e malia que aínda que se albisca lonxe o intre en que poidan xogar nos parques ou reunirse coas súas compañeir@s, medidas extraordinarias como o dito servizo de felicitación déixanse de realizar.

Dende o Goberno local aproveitaron para agradecer o “grande esforzo que tiveron que realizar os axentes da Policía Local para tentar atender a todas as demandas das familias”, que chegaron a ser moi numerosas durante algunhas das xornadas de confinamento. O Concello, neste punto, mostrou o seu desexo de que unha parte dos parabéns achegados tamén vaia dar aos axentes polo “traballo desenvolvido”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...