A maxia dos Reis Magos encheu as rúas de Padrón nunha cabalgata marcada pola tradición e a ilusión

05 Xaneiro 2026

A tarde deste 5 de xaneiro deixou en Padrón imaxes para o recordo coa celebración da tradicional Cabalgata de Reis.

Ás 17.00 horas, Melchor, Gaspar e Baltasar fixeron a súa entrada na avenida de Compostela, dando comezo a un percorrido que continuou por As Lágrimas e o paseo do Espolón. Ao longo do traxecto, a música, a animación e os saúdos das Súas Maxestades acompañaron un público entregado, con numerosos nenos e nenas seguindo cada paso do cortexo real.

A Igrexa de Santiago acolleu un dos momentos máis solemnes da xornada coa visita dos Reis ao Belén vivente, integrado por María, Xosé, o Neno e os pastorciños. A ofrenda realizada polas Súas Maxestades converteuse nun acto de forte carga simbólica, que conecta esta celebración coa identidade cultural e relixiosa do Nadal en Padrón.

O peche da cabalgata tivo lugar no Polideportivo do Souto, onde Melchor, Gaspar e Baltasar mantiveron un encontro directo cos nenos e nenas, escoitando as súas últimas cartas e ilusións e facéndolles entrega dun agasallo. Un final cargado de proximidade e sorrisos que puxo o broche a unha tarde moi especial.

Con esta celebración, o Concello de Padrón despide o Nadal reafirmando a súa aposta por un Nadal vivo e participativo, no que a continuidade das tradicións vai da man da implicación da veciñanza e da creación de espazos de convivencia familiar. Un modelo de celebración que, ademais de fortalecer o tecido social e cultural do municipio, consolida Padrón como unha cita cada vez máis atractiva no calendario do Nadal en Galicia, converténdose nunha visita obrigada para quen escolle estas datas para achegarse á vila tamén desde o punto de vista turístico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.