Melchor, Gaspar e Baltasar desembarcan no porto de Ribeira ás 18.00 horas (logo de visitar as parroquias no Bus Real)

05 Xaneiro 2026

Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán Ribeira por partida dobre no 5 de xaneiro.

Pola mañá e primeiras horas da tarde, os Reis Magos estarán nas parroquias retomando o Bus Real que, como novidade, este ano será nun autocar histórico dos anos 50. Empezarán o seu periplo pola Capela da Guía, en Carreira, (ás 10.00 horas), para seguir pola Aula de Música de Aguiño (ás 10.40 horas); porto de Castiñeiras (ás 11.20 horas); porto de Palmeira (ás 12.00 horas); centro social de Oleiros (ás 12.50 horas); Hospital da Barbanza (ás 13.30 horas); centro recreativo de Artes (ás 16.00 horas); rúa das Delicias de Corrubedo (ás 16.40 horas); e casa da cultura de Olveira (ás 17.20 horas).

Durante esta visita sortearanse oito obsequios (un por parroquia) e repartiranse caramelos e agasallos reais.

A súa maxia tamén posibilitará que ás 17.00 horas fagan unha recepción a nenos e nenas neurodiverxentes no Náutico. E, ás 18.00 horas, as Súas Maxestades os Reis Magos do Oriente chegarán nas dornas ao porto de Ribeira, da man da Real e Ilustre Cofradía da Dorna, para saír dende a rúa de Canarias e percorrer o centro da cidade na tradicional cabalgata que será inclusiva en colaboración coa Asociación Galega para o Acompañamento Persoal e Educativo (Ágape). Ao final, pronunciarán o seu discurso e recibirán á rapazada dende a praza do Concello.

A comitiva estará conformada por un total de seis carrozas (unha por cada Rei Mago, a Estrela de Belén, o Carteiro Real e unha de temática mariñeira) e o acompañamento de Gaitas Os Castros de Ames, Culturactiva Cisnes Boneca Lareta, Charanga Gárgolas, Banda de Música de Ferrol, Troula Animación e Charanga BB+.

A maiores, a Asociación Alfaia instalará o Belén vivinte na praza do Concello. Alí, renderán tributo ao Neno Xesús. Ademais da presencia de Policía local e GAEM durante o transcurso da cabalgata, haberá voluntarios de ICE Renovación cubrindo os laterais das carrozas para a seguridade do desfile. O Concello tamén contratará a unha vintena de monitores de tempo libre para as tarefas de organización.

Percorrido polo centro da cidade

Os Reis Magos chegarán nas dornas ao porto de Ribeira, onde serán recibidos pola alcaldesa e demais autoridades. Irán a pé ata a rúa de Canarias, dende onde arrancarán as carrozas con dirección a Padín. Haberá un tramo inclusivo sen ruído, música e con baixa luz dende o paso de peóns da rúa da Barreira ata o paso de peóns de Padín, na rúa de Galicia.

Despois pasarán por García Bayón, Concordia, Malecón, Romero Ortiz e continuarán pola rúa de Galicia ata Canarias, onde collerán cara a Miguel Rodríguez Bautista ata Centenario. Deseguido, rumbo por Constitución para pasar por Avesadas, despois Estatuto (por diante do parque e rotonda do Sereo), proseguir por Rosalía de Castro e baixar na praza do Concello para ser recibidos novamente polos representantes municipais e render tributo ao Neno Xesús no portal de Belén.

Pronunciarán o discurso dende o escenario e farán o sorteo dos tres súper obsequios entre as rifas que repartiu o Carteiro Real nas parroquias e no Recuncho do Nadal durante estas datas, así como fixo Papá Noel e o Apalpador. O máxico evento finalizará coa recepción á rapazada no propio escenario e entrega dun agasallo real.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.