O PP de Ribeira celebra o brinde de Aninovo coa participación de Paula Prado e a alcaldesa, María Sampedro

03 Xaneiro 2026

Paula Prado arroupa ao PP de Ribeira nun encontro marcado pola unidade e o impulso político

A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia, Paula Prado, participou este 2 de decembro no Encontro de Nadal organizado polo PP de Ribeira, un acto que reuniu a afiliados, cargos públicos e veciños nun ambiente de balance político e recoñecemento social.
Durante a apertura, a secretaria local do PP destacou a importancia de escoitar de primeira man as inquietudes da cidadanía, anunciando que a sede permanecerá aberta polas tardes grazas ao traballo voluntario dos afiliados, co obxectivo de atender todos os veciños que desexen trasladar as súas propostas ou preocupacións. Entre os asistentes atopábase tamén Evaristo Ben, secretario xeral do PP na Deputación da Coruña.

Mensaxes de Paula Prado
Na súa intervención, Paula Prado subliñou que, tras as últimas eleccións municipais, “fíxose xustiza ao gobernar a lista máis votada”, e puxo en valor o papel das mulleres na política local, destacando a elección da primeira alcaldesa de Ribeira. Sinalou que este feito reflicte o avance en materia de igualdade e a aplicación da lei de paridade nas formacións políticas.
Prado recordou que nas últimas semanas percorreu numerosos magostos por toda Galicia, pero afirmou que o encontro de Ribeira tiña un carácter especial polo apoio mostrado ás mulleres que exercen responsabilidades públicas. Tamén fixo referencia á xestión municipal, sinalando que, fronte aos que “prefiren a protesta”, o PP aposta por “solucións e infraestruturas para o municipio”. Como exemplo, mencionou o traballo realizado para desbloquear a situación da futura residencia, destacando que o grupo municipal logrou contactar cos propietarios dos terreos en apenas cinco días.
A secretaria xeral animou á organización local a manterse activa e preparada de cara ás eleccións municipais de 2027.


Homenaxe a veciños falecidos
Ás 20:40 h celebrouse un emotivo acto de recordo a varios veciños falecidos durante o ano: Manolo Vizcaya, Ricardo Antelo, Camucho, Prixelo e José Vidal. Os seus familiares, acompañados por concelleiros das súas parroquias, recibiron ramos de flores na súa memoria. Tamén se recordou a anécdota do señor Ferrín, cando un mitin tivo que celebrarse dentro dun autobús debido ao mal tempo.


Intervención da alcaldesa, Mariola Sampedro
A alcaldesa de Ribeira, Mariola Sampedro, afirmou que o municipio “estaba paralizado co goberno anterior” e agradeceu publicamente ao exalcalde Manuel Ruiz as súas palabras, tamén como “un mestre e un amigo” que deixou unha xestión destacada e que agora continúa o seu labor en defensa do sector do mar dende o Senado.
Sampedro tamén recoñeceu o traballo de persoas como Virita, pola súa dedicación constante na sede, e valorou o compromiso dunha militancia “que non busca confrontación, senón achegar”.

En canto a proxectos municipais, a alcaldesa avanzou que o Concello está a culminar a obtención dos terreos para o novo polígono industrial, así como a ampliación do centro de saúde, que aproveitará parte da estrutura da Casa do Mar. Engadiu que en 2026 comezará o pagamento dos excesos de gasto herdados do anterior goberno e confirmou que se executarán obras comprometidas, como as instalacións do club de remo de Aguiño e o parque infantil do Centenario.
Sampedro pechou a súa intervención afirmando que “chegou o momento de que España teña o presidente que se merece”, en referencia a Alberto Núñez Feijóo, e lembrou que o pasado 13 de outubro Ribeira elixiu por primeira vez a unha muller como alcaldesa, “un honor na terra onde naces e onde queres vivir e tamén morrer”. (Luís Pérez Crujeiras)

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.