O Concello de Muros conta con dous novos axentes da Policía Local

02 Xaneiro 2026

Os dous novos axentes da Policía Local de Muros comezan o curso de formación na Academia Galega de Seguridade Pública.

Antes, pasaron un proceso selectivo no que participaron máis de 200 persoas e incorporaranse ao servizo en Muros tras esta formación obrigatoria.

O Concello de Muros remata desta forma un longo período de traballo e xestións, polas dificultades que teñen as administracións locais para incrementar as prazas de Policía Local.

“Custounos moito conseguir sacar adiante estas dúas prazas, foron moitos meses e moitas horas de traballo, con numerosas dificultades, polo que é unha gran satisfacción persoal que Muros conte con dous novos axentes”, asegura a alcaldesa de Muros, María Lago, que pon en valor “a colaboración entre a Alcaldía e a concelleira de Seguridade Cidadá, Sandra Maneiro, durante todo o proceso”.

A alcaldesa quixo agradecer o traballo do persoal municipal e a colaboración das entidades e administracións que fixeron posible realizar o proceso selectivo: o IES As Insuas e o IES Fontexería, por ceder o pavillón e material como as cadeiras; o Concello de Noia, “por poñer a nosa disposición a pista de atletismo”, e os membros do tribunal, “pola súa dilixencia e bo facer”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.