Fin de ano con tempo seco e temperaturas sen cambios. Chuvias o Aninovo

30 Decembro 2025

A situación este derradeiro día do ano San Silvestre, manterase sen cambios, coa presenza de altas presións ao norte que seguirán garantindo estabilidade atmosférica en toda Galicia. A mañá comezará con bancos de néboa moi extensos no interior, que se irán disipando de maneira lenta co avance das horas.

A partir do mediodía, os ceos quedarán pouco anubrados, con presenza de nubes altas que darán paso a nubes medias ao final do día. As temperaturas mínimas non experimentarán variacións significativas e volverán rexistrarse xeadas nas zonas interiores, mentres que as máximas descenderán lixeiramente (4 a 14 graos). Os ventos soprarán frouxos, predominando a compoñente leste, sen incidencia destacable.

O día 1 de xaneiro, San Manuel, traeranos choiva a medida que avance o día coa chegada da baixa Francis.

meteogalicia

O noso mar: Vento do leste á mañá, variable á tarde e do sueste á noite, forza 2 a 3 á mañá e á noite e 1 a 2 á tarde. Mar ovellado á mañá e á noite e mar rizado á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste á mañá e á tarde e oeste á noite, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá e á tarde e 0 a 0.5 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.