O BNG apoia ao persoal de limpeza do Hospital da Barbanza e denuncia a negativa da Xunta a escoitar as súas reivindicacións

30 Decembro 2025

O Bloque Nacionalista Galego volveu estar este martes ao carón do persoal de limpeza do Hospital da Barbanza, que se concentrou diante do centro hospitalario para reclamar a equiparación das súas condicións laborais e salariais coas das súas compañeiras doutros hospitais do SERGAS. Na protesta participaron o portavoz do BNG e exalcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, o responsable local en Ribeira, Rafa Pazos, a concelleira Veva Betanzos, o portavoz en Porto do Son, Balbino González, así como outros membros da organización nacionalista.

Desde o BNG denuncian que “malia meses de mobilizacións, escritos formais e chamadas ao diálogo, a Consellería de Sanidade continúa negándose a recibir estas traballadoras, que o único que reclaman é igual traballo, igual salario” e o remate dunha discriminación laboral que consideran inxusta e intolerábel”, sinalaron, engadindo que “resulta inaceptábel que a Consellería de Sanidade siga dándolles as costas a estas mulleres, que realizan un traballo esencial para o funcionamento do hospital e para a seguridade da atención sanitaria”, afirmou Luís Pérez Barral. “Estamos a falar de profesionais que garanten a hixiene, a salubridade e o bo estado das instalacións, e que cobran menos ca noutras áreas polo mesmo traballo. Isto chámase discriminación e o PP está permitindo que continúe”.

Pérez Barral recriminou tamén a actitude do Partido Popular, que “prefire mirar para outro lado antes que sentarse a dialogar e buscar unha solución xusta. “Non se pode falar de sanidade pública de calidade mentres se precariza ao persoal, se deterioran os seus dereitos laborais e se mantén unha política de desprezo cara quen sostén os servizos públicos”, engadiu.

“Se o conselleiro de Sanidade segue sen recibir a estas mulleres e sen dar unha solución xusta, o seguinte paso pode ser unha folga indefinida que afectará ao funcionamento do hospital”, advertiu Luís Pérez Barral.

Desde o BNG enmarcan este conflito “nunha mala xestión xeral da sanidade pública por parte do Partido Popular, que se traduce en listas de espera excesivas, falta de recursos, deterioro das condicións laborais e unha progresiva precarización dos servizos públicos”. E engadiu o portavoz nacionalista: “O que está a pasar co persoal de limpeza do Hospital do Barbanza é un exemplo máis do modelo do PP: recortes, externalizacións, desigualdades e perda de dereitos”.

“O persoal sanitario e non sanitario merece respecto, condicións dignas e estabilidade. Sen iso non pode haber unha sanidade pública forte nin unha calidade asistencial aos doentes”, concluíu Pérez Barral, reiterando o compromiso do BNG de seguir apoiando as mobilizacións e de trasladar estas reivindicacións a todas as instancias políticas necesarias ata que se produza unha solución real.

O BNG esixe á Consellería de Sanidade e á Dirección do SERGAS que “rectifiquen, convoquen unha reunión co persoal de limpeza do Hospital do Barbanza e garantan a equiparación plena das súas condicións laborais e salariais co resto da área sanitaria”.

Outros artigos

Noia alzou a voz contra a violencia machista

Na mañá deste mércores 25 de novembro, o alumnado dos centros educativos de Noia foi protagonista da lectura do manifesto con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A axenda deste mércores deu comezo ás 11.45 coa lectura da...

+

Ribeira suma unha nova veciña centenaria: Rosa Dios Cores

Rosa Dios Cores soprou onte o número 100 para converterse nunha nova veciña centenaria de Ribeira. A alcaldesa, María Sampedro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, desprazáronse ata o domicilio familiar da parroquia de Oleiros para compartir tempo nun...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...