O xadrez protagoniza o inicio do ano en Ribeira a nivel deportivo

30 Decembro 2025

O Concello de Ribeira arranca o ano a nivel deportivo con tres citas co xadrez na Casa da Xuventude. Dunha banda está programado o Torneo de Xadrez de Nadal no sábado, 3 de xaneiro, de 11.00 a 14.00 horas, seguindo o sistema suízo a seis roldas. Haberá trofeos para os tres primeiros/as clasificados/as, tres primeiros/as clasificados/as locais, e para o ouro nas categorías sub-12, sub-10 e sub-8. As inscricións formalizaranse no enderezo
electrónico xadrezbretema@gmail.com.

Ademais, disputaranse os Campionatos Provinciais da Coruña. O domingo, 4 de xaneiro, estará dedicado ás modalidades sub-8 e sub-12, mentres que no domingo, 11 de xaneiro, será a quenda da sub-14 e sub-16. Desenvolveranse en horario de mañá e de tarde. Ambas xornadas seguirán o sistema suízo, se ben a primeira será en seis roldas e a segunda en cinco. As bases están dispoñibles en www.fegaxa.org.

Para o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, estes novos eventos “son unha proba do apoio que brinda a Administración local ribeirense ás diferentes disciplinas deportivas. En dúas semanas teremos no noso municipio un torneo con motivo da época do Nadal e uns campionatos provinciais. Preséntase un inicio de ano protagonizado polo xadrez e, dende o Concello, ratificamos o noso compromiso de seguir fomentando unha disciplina profundamente vencellada á aplicación de tácticas e á capacidade estratéxica”.

E nestes tres eventos “tamén é protagonista a rapazada ao ser a principal destinataria, pois estamos falando de categorías menores. Ademais, terán lugar na Casa da Xuventude, para tamén continuar dinamizando este espazo e convertelo en punto de encontro para a xente moza do noso municipio con diferentes actividades, se ben tamén convidamos a que nos fagan as súas contribucións con alternativas de ocio que sexan do seu interese”, en palabras da edil de Xuventude, Carmen Pérez.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase este venres en Noia

Este venres, o lobo ibérico chega á Casa da Cultura de Noia. O 23 de outubro, ás 20:00 h, a Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, de Emilio Fonseca. Trátase dunha película incluída na programación contratada pola...

+

Nova finde de cinema en Muros con La Odisea e Minions & Monsters

O Concello de Muros programa unha nova fin de semana de cinema do 23 ao 25 de outubro con dúas propostas para diferentes idades: La Odisea, a aventura épica de Christopher Nolan, e Minions & Monsters, unha comedia de animación para gozar en familia. A programación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.