Porto do Son vai despedir 2025 cunha gran festa de fin de ano, no Polideportivo Municipal (convertido nun salón de baile), organizada polo Concello. Haberá música con DJ Paco a partir das 1.30 horas, baile, photocall, ambiente especial (con iluminación acorde coa celebración) e un canon de calor para crear un ambiente o máis agradábel e acolledor posíbel, segundo confirmou o Concello, principal impulsor da festa coa colaboración das entidades hostaleiras locais Flor de Sal, Salseiro e Morriña.




