Fin de semana con sol e temperaturas en lixeiro ascenso

26 Decembro 2025

PROGNÓSTICO: EMPEZA UN PERIODO DE SOL DURANTE AO MENOS QUINCE DIAS, TEMPERATURAS HABITUAIS DA ÉPOCA

O sábado 27 quedaremos baixo a influencia dun potente anticiclón situado ao norte das Illas Británicas. Esta situación favorecerá unha xornada de ceos pouco nubrados en xeral, aínda que con maior presenza de nubes canto máis ao leste do territorio.

As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que os ventos soprarán de compoñente leste, en xeral moderados.(3 a 16 graos).

meteogalicia

Domingo 28, Santos Inocentes, continuaremos baixo influencia anticiclónica. Con esta situación, para o domingo agárdanse ceos pouco nubrados en xeral, con algún intervalo de nubes de tipo medio e alto. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso(6 a 17 graos). Os ventos soprarán de compoñente leste, frouxos no interior, moderados no litoral.

O noso mar: Vento do leste á mañá e á noite e do nordés á tarde, forza 3 a 5 á mañá e 3 a 4 á tarde e á noite. Marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.