A diversión chega a todo Ribeira co Nadal nas Parroquias

26 Decembro 2025


O Nadal nas Parroquias continúa co seu periplo polo municipio de Ribeira, levando obradoiros, inchábeis, sesión disco e visita do Carteiro Real durante estas datas, en horario de 17.00 a 20.00 horas. Trátase dunha proposta da Concellería de Cultura ao abeiro da programación do Nadal Cultural 2025-2026 pensada especialmente na rapazada de tódalas parroquias.

A primeira parada foi Corrubedo a comezos desta semana para continuar hoxe en Artes, no pavillón do colexio. Proseguirá en Palmeira, no pavillón Alcalde Torres Colomer, no sábado, 27 de decembro; en Oleiros, no centro social e exterior, no luns, 29 de decembro; en Olveira, no pavillón de Sirves, no martes, 30 de decembro; en Carreira, no centro social e exterior, no venres, 2 de xaneiro; en Aguiño, no pavillón CEIP Heroínas de Sálvora, no sábado, 3 de xaneiro; e en Castiñeiras, na casa da cultura e exterior, no domingo, 4 de xaneiro. Toda a programación na web municipal.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.