O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, e a tenente de Alcalde do Concello, María José Maroñas, participaron os días pasados no acto de clausura dos obradoiros de memoria e estimulación cognitiva para persoas maiores desenvolvidos os últimos tres meses nas parroquias do municipio.

No encontro estiveron acompañados pola psicóloga municipal, Cristina Fontaíña, e por Irene, profesional da asociación AGADEA (entidade envorcada na atención de persoas con alzhéimer e deterioro cognitivo con gran presenza no Barbanza) que se encargou de impartir os talleres. A iniciativa, orientada a fomentar o envellecemento activo das persoas maiores, gozou de moi boa aceptación

Durante o acto agradecéronlles a implicación e constancia na actividade e fixéronlles entrega dun quebracabezas tangram, un obsequio simbólico que reforza o traballo realizado neste tempo.




