O GAEM de Ribeira (Grupo de Protección Civil) actuou este mércores 24 de decembro en dous dispositivos no concello, concretamente no propio centro urbano de Santa Uxía e máis en Aguiño.
A primeira hora do día os efectivos de garda Servizo de Emerxencias e Protección Civil Municipal de Ribeira e a Policía Local interveu na rúa Barreira e na rúa Galicia para limpar na calzada unha mancha de hidrocarburos, co obxectivo de garantir a seguridade dos vehículos e dos peóns.

Algo máis tarde dotación de garda do Servizo de Emerxencias e Protección Civil, xunto co Parque de Bombeiros de Ribeira e os axentes da Policía Local, alertados polo CIAE 112, actuaron na extinción dun colector de lixo ardendo na rúa Cerca, na parroquia de Aguiño.




