Comeza a conta atrás para a cuarta Carreira San Silvestre Muradana (este sábado 27)

24 Decembro 2025

Comezou a conta atrás para a celebración da cuarta edición da Carreira San Silvestre Muradana, que se celebra este sábado 27 de decembro en Muros en dúas quendas de idades: a partir das 19.00 horas (a proba escolar) e a partir das 20.00 horas (a proba absoluta). A cita deportivo-festiva vén da man do club Serres Runners, coa colaboración do Concello de Muros. Quen queira inscribirse, participar e celebrar o Nadal facendo deporte entre amigos e veciños pode facelo a través da web cronotec.es.

O Concello informou que por mor de garantir o bo desenvolvemento da proba, a estrada AC 550 vai estar pechada o tráfico totalmente durante unha media hora. Despois abrirase un só carril ata a finalización da proba. O corte faise desde a Lonxa Vella ata a Tremenda e estará debidamente sinalizado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.