Dunatoker transforma un portal de belén canino nun símbolo de superación, terapia e reivindicación social

23 Decembro 2025

A creadora de contido Dunatoker (María Fajardo) , con máis de millón e medio de seguidores en redes sociais, presentou un orixinal portal de belén canino elaborado artesanalmente con figuras modeladas a man en plastilina endurecida. As pezas están inspiradas en Duna, a súa cadela e compañeira inseparable, recoñecida oficialmente como can de apoio emociona

Fajardo, que convive cunha enfermidade e unha situación de invalidez, atopou neste proxecto unha ferramenta terapéutica que lle permitiu manter a mente activa e as mans ocupadas durante meses. Segundo explica, Duna foi un alicerce fundamental neste proceso, converténdose na súa “maior terapia”.

Ademais do seu valor artístico e do Nadal, o belén ten un marcado carácter reivindicativo. Dunatoker denuncia sufrir presións por parte dalgúns concelleiros tras solicitar a habilitación dunha praia canina en Boiro, chegando mesmo a ser gravada sen o seu consentimento, unha situación que considera intimidatoria e vulneradora dos seus dereitos.

A creadora mantén activa unha petición de firmas en Change.org, difundida desde o seu perfil de Facebook “Dunatoker María Fajardo” , co obxectivo de lograr este espazo para os cans no municipio. Defende que o acceso ao mar é esencial para que os animais poidan nadar e exercitarse, unha actividade especialmente beneficiosa para patas, columna e cadeiras.

Lonxe de renderse, Dunatoker transformou a súa experiencia persoal nunha mensaxe de visibilidade, respecto e concienciación social. O seu belén canino rompe cos esquemas tradicionais para poñer o foco na convivencia responsable cos animais, a realidade das persoas con diversidade funcional e a necesidade dunha maior empatía institucional. Con esta iniciativa, demostra que a arte pode ser unha forma de resistencia pacífica.

Outros artigos

Noia alzou a voz contra a violencia machista

Na mañá deste mércores 25 de novembro, o alumnado dos centros educativos de Noia foi protagonista da lectura do manifesto con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A axenda deste mércores deu comezo ás 11.45 coa lectura da...

+

Ribeira suma unha nova veciña centenaria: Rosa Dios Cores

Rosa Dios Cores soprou onte o número 100 para converterse nunha nova veciña centenaria de Ribeira. A alcaldesa, María Sampedro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, desprazáronse ata o domicilio familiar da parroquia de Oleiros para compartir tempo nun...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...