O Concello de Outes entregou os premios aos talentos locais na III Gala do Deporte

22 Decembro 2025

O Concello de Outes celebrou este sábado 20, ás 20:00 horas, no Pazo do Tambre, a terceira edición da súa Gala do Deporte, un evento que reuniu a preto de 300 persoas vinculadas ao tecido deportivo, social e institucional do municipio.

A velada, presentada por Pablo Ríos por terceiro ano consecutivo, consolidouse como “unha cita de referencia para recoñecer o talento, o esforzo e a traxectoria dos deportistas outenses”.

A xornada deu comezo ás 19.00 horas coa recepción de autoridades, finalistas e medios de comunicación. O Pazo do Tambre agasallou aos asistentes cun ágape de especialidades da casa, creando un ambiente distendido previo ao acto oficial.

Entre as autoridades presentes atopábanse o alcalde de Outes, Francisco Calo, o concelleiro de Deportes, Tono Caamaño, e membros da corporación municipal dos diferentes grupos políticos.

En representación da Xunta de Galicia asistiu María Mar Ferreiro Broz, directora territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes na Coruña.

A madriña da gala foi a futbolista Lúa Arufe Calo (Porto do Son), xogadora do FC Barcelona, que regresaba de París tras facer o seu debut na UEFA Women’s Champions League o pasado mércores.

Premios e recoñecementos 2025

A partir das 20.00 horas deu comezo a entrega de galardóns, que distinguiu ás persoas e entidades máis destacadas do deporte local durante o último ano. Os premiados foron:

1. Mellor Deportista Outense 2025

Masculino: Sergio Añón (finalistas: Pablo Gandarela, Hugo Seoane e Sergio Añón)

Feminino: Rosa Outeiro (finalistas: María Cao e Rosa Outeiro)

2. Mellor Deportista Promesa

Diego Castelo (finalistas: Brais Liñayo, Gabriel Amado e Diego Castelo)

3. Mellor Adestrador/a

Pepe Saborido – Escola de Piragüismo e Triatlón Outes

4. Equipo Outense Destacado

Veteranos do Club Baloncesto Outes (finalistas: Veteranos CB Outes, Infantís EPT Outes, Premini CB Outes)

5. Mellor Club, Asociación ou Entidade Deportiva

Escola de Piragüismo e Triatlón Outes (EPT Outes) (finalistas: Club Atletismo Outes, A Riola Futbolín, EPT Outes)

6. Premio ao Patrocinio e Colaboración co Deporte

Restaurante Pepe do Coxo – O Freixo, Outes

7. Evento Deportivo do Ano

Master Nacional de Futbolín A Riola (finalistas: Trail de Outes, Regata Deputación de Piragüismo, Master A Riola)

8. Mencións Especiais – Toda unha vida adicada ao deporte

José Manuel Fernández “Mirás”

Domingo Suárez Vilariño “Balón”

Actuacións e sorteos

A gala contou coa actuación dunha representación da Escola de Música Municipal, dirixida por Manuel Blanco Dosil, que puxo o toque artístico á velada.

Ademais, realizouse un sorteo de material deportivo aportado polos clubs municipais, así como vales de compra en Deportes Casais, sesións de spa en Spasinho e sesións de fisioterapia nas clínicas Physis e Vainca de Outes.

Clausura

Pasadas as 21:30 horas, a gala concluíu cunha gran acollida por parte do público e cunha destacada organización técnica multimedia a cargo de Paco Vulkano. O acto pechouse cunha sesión de fotografías no photocall oficial, na que participaron premiados, finalistas, autoridades e a madriña do evento.

O Concello de Outes agradeceu “a participación de todas as persoas e entidades que fan posíbel que

o deporte siga sendo un motor de cohesión, saúde e orgullo para a comunidade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.