A Xunta destina máis de 43.000 euros a Outes para reforzar a conservación ambiental e a prevención de incendios

19 Decembro 2025

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, xunto ao alcalde de Outes, Francisco Calo, presentaron este venres a nova desbrozadora de brazo articulado adquirida polo Concello grazas a unha axuda autonómica de case 30.000 euros. Este equipamento permitirá mellorar os traballos de limpeza e mantemento de camiños e pistas municipais, actuacións clave tanto para a prevención de incendios forestais como para a protección do medio natural.

Esta achega súmase a outra subvención de máis de 13.000 euros recibida polo Concello de Outes para a contratación, durante tres meses do pasado verán, dunha brigada ambiental formada por catro traballadores, compartida co Concello de Mazaricos. Ambas as dúas axudas, que no seu conxunto ascenden a 43.000 euros, foron concedidas ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental (FCA) na súa modalidade competitiva.

Durante a visita, Belén do Campo destacou a aposta decidida do Concello de Outes polo coidado do medio ambiente e pola conservación dos seus espazos naturais. Neste senso, puxo en valor actuacións como a limpeza de vías municipais, fundamentais para garantir a seguridade, a accesibilidade e a preservación do valor ambiental do territorio.

Na actualidade, Outes conta con tres tractores equipados para a limpeza de beiravías, polo que, segundo explicou a delegada, resultaba necesaria a renovación do equipamento mediante a adquisición desta nova desbrozadora de brazo, co obxectivo de optimizar os recursos dispoñibles e mellorar a eficiencia dos traballos realizados.

Unha parte importante das actuacións previstas coa nova maquinaria desenvolveranse en zonas de espazos naturais, o que reforza a necesidade de contar con medios adecuados e respectuosos co entorno. A desbrozadora presentada ten un alcance de cinco metros e está equipada cun cabezal cun ancho total de 1,40 metros e un ancho efectivo de corte de 1,20 metros, o que permitirá un mantemento máis eficaz do municipio.

Cooperación institucional

Belén do Campo salientou tamén a importancia da cooperación entre administracións como “peza clave para avanzar na protección do patrimonio natural galego”. Na comarca de Barbanza, xunto a Outes, tamén resultaron beneficiarios da liña competitiva do FCA os concellos de Boiro, Noia, Lousame e Ribeira, así como outra axuda compartida entre Outes e Mazaricos, cun investimento total de case 147.000 euros para seis concellos.

“Os concellos son as administracións que mellor coñecen o territorio e as súas necesidades, e por iso desempeñan un papel fundamental na súa protección e xestión sostible”, subliñou a delegada.

Compromiso coa sustentabilidade

A representante do Goberno galego lembrou que a Xunta reafirma o seu compromiso co desenvolvemento sostible a través do Fondo de Compensación Ambiental 2025, que destina 9,2 millóns de euros a iniciativas ambientais en toda Galicia. Na provincia da Coruña, as dúas liñas do fondo contaron cun investimento total de preto de 3 millóns de euros, repartidos entre a modalidade non competitiva, con máis de 2,2 millóns para 49 beneficiarios, e a competitiva, con case 700.000 euros para 26 entidades locais.

Belén do Campo destacou que o FCA é unha ferramenta clave para protexer a biodiversidade, preservar o patrimonio natural e promover a recuperación sostible dos concellos galegos, consolidando unha Galicia máis verde, equilibrada e comprometida co futuro.

Outros artigos

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.