O Auditorio de Rianxo acolle este sábado a inauguración da mostra “Almanaque Faro de Vigo – Cousas da Vida”, de Castelao

18 Decembro 2025

A Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, con sede en Artes (Ribeira), organiza co Concello de Rianxo a exposición Almanaque Faro de Vigo – Cousas da Vida, serie do coleccionista Roberto Taboada Rivadulla. A inauguración será este sábado 20 de novembro ás 12.30 horas no Centro Sociocultural Auditorio do Concello de Rianxo.

Trátase da exposición coa que dan comezo os Actos Castelao 2025, organizados rea de Educación e Cultura de Rianxo e nos que o Museo do Gravado de Artes colabora dende hai anos. Contarase coa presenza do alcalde Julián Bustelo, e máis do director do Museo do Gravado de Artes, Pastor Rodríguez. A exposición poderá visitarse no Auditorio de Rianxo do sábado 20 de decembro ao sábado 31 de xaneiro.

O almanaque inclúe 63 Cousas de Castelao (publicadas os anos 1930 e 1931), ademais do santoral e as datas dos principais mercados de Galicia daqueles anos. Engádense outras moitas pezas de gran relevancia, entre as que se atopa Diante do portal, de Castelao, de 1926.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.