Porto do Son inicia a mellora do complexo deportivo da Tarela co apoio da Xunta

16 Decembro 2025

A Xunta colabora co Concello de Porto do Son na primeira fase da mellora do complexo deportivo da Tarela

A Xunta de Galicia colabora co Concello de Porto do Son na primeira fase das obras de mellora do complexo deportivo da Tarela, a través da concesión dun préstamo do Fondo de Cooperación para municipios de menos de 50.000 habitantes por un importe superior aos 390.000 euros.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, asinou hoxe co alcalde de Porto do Son, José Luis Oujjo, o convenio que permitirá financiar parte desta actuación. O acordo formalizouse esta mañá en San Caetano.

O obxectivo do convenio é executar os traballos necesarios para crear e ordenar un aparcadoiro que dea servizo aos usuarios do complexo deportivo, que inclúe piscina e ximnasio, mellorando así o acceso en vehículo e a mobilidade no contorno da instalación.

A actuación prevista inclúe tamén o incremento e a optimización da superficie útil destinada á práctica de actividade física, mellorando as condicións de uso e adaptando os espazos ás necesidades actuais da veciñanza.

O investimento total da obra ascende a preto de 650.000 euros e poderá levarse a cabo grazas ao apoio do Fondo de Cooperación da Xunta, unha iniciativa dirixida a financiar actuacións de conservación do patrimonio, rexeneración urbana ou adquisición de inmobles para a súa rehabilitación en concellos de menor poboación.

O préstamo concedido é sen xuros e devolverase nun prazo de oito anos, enmarcándose na convocatoria de 2025 desta liña de axudas, que conta cun orzamento global de 3,7 millóns de euros

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.