Martes 16 marcado pola entrada de aire frío, chuvascos nas primeiras horas e descenso das temperaturas

15 Decembro 2025

Durante o martes quedaremos baixo a influencia dunha circulación do norte, coa entrada de aire frío. Agárdanse ceos nubrados con chuvascos, máis intensos no norte e no interior de Galicia durante as primeiras horas do día. Co avance da xornada, as precipitacións irán remitindo, con apertura progresiva de claros.

A cota de neve situarase arredor dos 1.300 metros pola mañá, ascendendo ao longo do día. As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso (6graos mínima e 12 de máxima). Os ventos soprarán de compoñente norte, moderados en xeral, con intervalos fortes no litoral e en zonas de montaña das provincias de Lugo e Ourense.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá e á tarde e do norte á noite, forza 5 a 7 á mañá e á tarde e 3 a 5 á noite. Media vaga á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 3.5 metros á mañá, 3.5 a 4.5 metros á tarde e 3.5 a 4 metros á noite.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.