O Concello de Ribeira abre este martes 16 as inscricións para a participación da rapazada na Cabalgata de Reis 2026

15 Decembro 2025


Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán Ribeira na tradicional Cabalgata dos Reis Magos do 5 de xaneiro de 2026 cun total de 6 carrozas (unha por cada Rei Mago, a Estrela de Belén, o Carteiro Real e unha de temática mariñeira). Atendendo á normativa de seguridade, existen un total de 60 prazas para a rapazada. Deste xeito, o Concello de Ribeira acorda ofrecer á cidadanía en xeral a totalidade das prazas mediante un procedemento de inscrición e posterior sorteo público, sendo a organización quen facilite os traxes dos paxes segundo as súas idades.

A rapazada aspirante deberá reunir os seguintes requisitos: estar empadroados en Ribeira e ter unha idade comprendida entre os 5 e 10 anos (ambos cumpridos á data de celebración do desfile).

O período de inscrición abrangue do 16 ao 21 de decembro, ámbolos dous incluídos, e o procedemento formalizarase mediante a presentación da solicitude no Rexistro do Concello de Ribeira por dúas vías: de maneira presencial, achegando o documento cuberto na Oficina de Atención Cidadá, en horario de 09.00 a 14.00 horas; ou de forma telemática (con certificado dixital) a través da sede electrónica, accedendo a trámites destacados e a solicitude xenérica para tramitar a solicitude e axuntar a ese procedemento a ficha de inscrición cuberta.

Rematado o prazo para anotarse, farase o sorteo público para determinar as 60 solicitudes seleccionadas. A normativa e a ficha de inscrición tamén están a disposición na web municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.