A VIII Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo pecha en Rianxo cinco xornadas dedicadas ao mar e á memoria audiovisual

14 Decembro 2025

A VIII Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo (MDFDM) celebrou este domingo a última das cinco xornadas da súa programación, poñendo o broche final a unha edición marcada pola reflexión arredor do mundo mariñeiro, a sustentabilidade e a memoria audiovisual.

https://maresdafindomundo.gal/

O evento, organizado pola Asociación Cultural Mares da Fin do Mundo e patrocinado pola Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e o Concello de Rianxo, iniciou a xornada final coa tradicional Mesa da Pesca Sostible, celebrada no Auditorio baixo o título “100 anos xuntos polo mar”. A sesión estivo dedicada ao papel histórico das confrarías de pescadores coincidindo co seu centenario, e contou coa participación de representantes do sector marisqueiro e pesqueiro, moderados por Javier García Galdo (Sinerxia Consultores).

A programación da mañá continuou coa performance poética e audiovisual Nao Cetácea, a resistencia mariñeira, de Xosé Iglesias, unha proposta de poesía visual en directo que puxo en valor a cultura do mar a través de videopoemas e gravacións realizadas ao longo de máis dunha década a bordo do pesqueiro Primeiro Villar. A xornada matinal pechouse coa actividade Historias do cinema, na que Manolo González presentou o libro O cineísta andarengo: a propósito de Bernardino de Lamas, achegando ao público imaxes inéditas da Galicia do século XX.

Xa pola tarde, proxectouse Been Here Stay Here, de David Usui, dentro da sección Proa, dedicada ao cinema de vangarda da realidade. A sección Popa ofreceu, en colaboración coa National Film Board of Canada, a proxección de catro curtametraxes documentais rodadas por Colin Low na Illa de Fogo (Terranova) nos anos sesenta, centradas nas comunidades pesqueiras locais.

O acto de clausura incluíu a entrega de premios da Competición Oficial. O Premio á Mellor Película, dotado con 2.000 euros, foi para The Granny & Fishes, de María Mavati e Ehsan Farokhi Fard. A Mención Especial recaeu en Six Knots, de Ali Vanderkruyk, mentres que o Premio do Público, dotado con 1.000 euros, foi para Pie Dan Lo, de Kim Yip Tong. Ademais, o Premio do Público á Mellor Película Galega foi para Chelito, de Carlos Prado.

Durante a clausura tamén se proxectou A Salgharita, filme realizado no Obradoiro de Cinema con Móbiles, e fíxose entrega dos diplomas ás persoas participantes nesta actividade formativa. Como peche da Mostra, proxectouse Jean Epstein, Unha irmandade de Mar, de Adrián Canoura, recente gañadora do Premio María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual.

Esta primeira edición da Mostra celebrada en Rianxo foi valorada moi positivamente tanto pola organización como polo público asistente, destacando o vínculo da vila coa cultura e a tradición mariñeira. Desde a organización agradeceron a participación ao longo das cinco xornadas e convidaron a regresar na IX edición.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.