María Sampedro comprométese a converter Ribeira nun referente en protección dos dereitos da nenez e da adolescencia

11 Decembro 2025

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, participou este xoves na apertura da 2ª edición das Xornadas Interprofesionais para o BoTrato á Infancia e á Adolescencia que se desenvolven durante os días 11 e 12 de decembro, na sala polivalente do novo Auditorio municipal, da man do Departamento de Servizos Sociais Comunitarios municipal.

Uns 70 profesionais que traballan no día a día coa rapazada fórmanse para a creación de contornas educativas e sociais seguras, respectuosas e afectivas a través dos simposios relevantes no ámbito social como Programa TEI, ASEIA, Feitoría Verde ou Atalaias.

Durante a súa intervención, a rexedora trasladou o compromiso do Concello de Ribeira “coa protección e promoción dos dereitos da infancia e da adolescencia, seguindo a cultura do bo trato, tendo en conta sempre a esta parte da poboación, non só con estas xornadas, senón tamén con outro tipo de accións municipais para dar cumprimento á Lei Orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de Protección Integral á Infancia e Adolescencia fronte a violencia, coñecida como LOPIVI, pero, sobre todo, para crecer como sociedade”.

A rexedora avanzou a intención da Administración local de converterse “na primeira cidade TEI de Galicia, é dicir, referente no trato entre iguais. Con relación ao contido das xornadas, a mandataria local manifestou que “os simposios e obradoiros que amparan esta iniciativa son un valiosa ferramenta para contribuír aos profesionais na creación de espazos garantía para o correcto desenvolvemento dos máis pequenos, que son o noso futuro; unha tarefa especialmente importante e transcendental tendo en conta que, nas primeiras etapas da vida, é cando se conforma a personalidade e cando hai experiencias que poden marcar para sempre”, dixo.

Tamén falou a coordinadora do Departamento de Servizos Sociais, Francisca Vidal, para quen “este espazo é unha oportunidade para reflexionar sobre a nosa práctica profesional e para compartir experiencias e boas prácticas. A nenez e a adolescencia son temas que requiren a nosa atención e compromiso no ámbito da Administración local e Servizos Comunitarios. É hora de unir forzas e traballar conxuntamente para protexer e apoiar as nenas e nenos, menores en situación de risco”.

De seguido, tomou a palabra a educadora social e promotora das xornadas, Iria Alén, quen se encargou de explicar ás persoas asistentes o desenvolvemento destas xornadas.

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.