Comeza a conta atrás para a VIII edición das Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia

11 Decembro 2025

Este domingo 14 de decembro Noia será unha destacada celebración gastronómica. O motivo non é outro que a festa de degustación do Berberecho (VIII edición das Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia), que se celebra na Alameda en clave solidaria a partir das 13.00 horas, con produtos frescos de primeira calidade achegados pola Confraría San Bartolomé de Noia. Haberá menú de degustación con empanadas de trigo, empanadas de millo e arroz con berberechos. O donativo será de 5 de euros e dirixirase a apoiar a actividade de Cáritas e Cruz Vermella de Noia.

“Arroupados polo Nadal, celebraremos unha gran festa de degustación popular, onde poderemos gozar de sabores tradicionais feitos con produto da nosa ría”, explicaron dende a organización (a Confraría de San Bartolomé coa colaboración do Concello e outras entidades).

Outros artigos

Muros ergue a voz contra a violencia machista

Na mañá de hoxe, a veciñanza, o Concello, a Corporación Municipal e o tecido asociativo de Muros volveron erguer a voz contra a violencia machista cunha concentración con motivo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Fixérono no...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Y la nave va” – Tonio Nóvoa

“Y la nave va” – Tonio Nóvoa

VIERNES. Vengo de una niña escapada de la escuela en la mañana de un viernes cualquiera. De una niña con un cartel de cartón. Vengo de una frase pequeña: “los adultos están jodiendo esto.” Nadie imaginó que esa calma terca cruzaría un océano agitando las olas, que una...