Ampliada ata 2067 a concesión de Jealsa Foods no porto de Bodión polo seu interese estratéxico para o Barbanza

09 Decembro 2025

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, autorizou unha prórroga excepcional da concesión que Jealsa Foods mantén no porto de Bodión, no municipio de Boiro. A ampliación, avalada polo Consello da Xunta esta mesma mañá, estende o prazo de vixencia ata 75 anos, o máximo legal permitido, polo que a industria poderá permanecer no enclave portuario ata o ano 2067.

Esta decisión responde á solicitude presentada polo grupo conserveiro ao abeiro da modificación da Lei de Portos de Galicia, en vigor desde o 1 de xaneiro de 2025, que eleva o límite das concesións de 50 a 75 anos sempre que exista un investimento proporcional asociado á ampliación. A actualización normativa permite equiparar a lexislación galega á estatal e evita que resulte máis restritiva.

Primeira concesión ampliada ata o máximo legal

Trátase da primeira prórroga concedida ao abeiro desta nova regulación. A data de extinción pasa así ao 3 de xuño de 2067, tras acreditar Jealsa Foods os dous requisitos legais: o interese estratéxico da concesión e un investimento proporcional ao incremento do prazo.

No relativo ao interese estratéxico, Portos de Galicia destaca o impacto socioeconómico do grupo conserveiro no Barbanza. Jealsa xera actualmente 3.000 empregos directos nos seus centros da comarca —cun incremento interanual do 11 %— e preto de 12.000 indirectos. Ademais, o 72 % do seu persoal é feminino e a empresa integra 34 persoas con discapacidade, reforzando o seu compromiso coa inclusión laboral.

Investimentos de 8 millóns de euros

En canto ao investimento requirido pola lei, que debe superar os 500.000 euros, Jealsa comprométese a unha achega global de 8 millóns de euros nos vindeiros anos. Entre as actuacións previstas figuran:

  • Renovación da cuberta da nave principal para mellorar a eficiencia enerxética.
  • Construción dunha nova nave, cun investimento conxunto de 3,2 millóns de euros.
  • Reconstrución dunha nave industrial incendiada, cun custo estimado de 4,8 millóns de euros.

Estabilidade xurídica e garantía de emprego

Portos de Galicia subliña que esta ampliación achega seguridade xurídica á actividade da conserveira e incentiva novos investimentos no porto de Bodión. Ao tempo, contribúe a evitar unha posible deslocalización, consolidar o emprego existente e favorecer a creación de novos postos de traballo nunha das principais industrias da comarca.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.