O portal web Proxector, adica unha antoloxía de vídeos sobre o ilustre rianxeiro Castelao

09 Decembro 2025

O espazo web, Proxector, adicado a recompilar, clasificar e difundir recursos audiovisuais que sirvan de apoio á docencia en lingua galega de diversas materias de bacharelato e de ensino universitario xa conta cunha nova entrega, desta volta centrada na figura de Castelao.

Co gallo de conmemorar o 75º aniversario da morte de Daniel Alfonso Rodríguez Castelao, Proxector, a proposta do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) e do Consello da Cultura Galega (CCG) co apoio da Universidade de Santiago de Compostela (USC), pecha o ano cunha escolma de recursos sobre o artista rianxeiro Castelao: Ano Castelao: memoria e

legado dun galego universal.

Proxector presenta unha ducia de vídeos de carácter variado que permiten axudar a comprender máis sobre o legado artístico, literario e político dunha figura decisiva para a construción da Galicia contemporánea. De Nós Televisión escólmanse dous vídeos: no primeiro, Henrique Monteagudo (director da Cátedra Castelao da USC) e Miguel Anxo Seixas (presidente da Fundación Castelao) reflexionan sobre a súa figura, convertida nun dos principais símbolos de Galicia. No segundo inclúese o primeiro capítulo dunha serie documental que narra diferentes feitos históricos da traxectoria política de Castelao.

Varios recursos remiten ao Museo de Pontevedra, que garda unha importante colección de obra de Castelao. Nun deles, ofrécese unha visita virtual á sala na que se gardan as Estampas, obras pictóricas que permiten coñecer ao Castelao paisaxista; mentres que outro achégase a algunhas das obras máis significativas nas que Castelao aborda a problemática da emigración.

Asemade, tamén se recollen dous materiais producidos polo Consello da Cultura Galega para a exposición Alba de Gloria. Dunha banda, a recreación feita do derradeiro discurso de Castelao e obra cimeira da oratoria en lingua galega. Da outra, un vídeo de Xosé Manoel Núñez Seixas, vicepresidente do CCG, en que aborda o contexto político e histórico de Castelao.

Outros recursos falan do retorno dos restos de Castelao, do seu papel no seo das Irmandades da Fala ou das lembranzas de importantes persoeiros do ámbito cultural galego, como Xaime Illa Couto, Francisco Fernández del Riego, Antón Fraguas, Isaac Díaz Pardo ou Xosé Neira Vilas, entre outros.

Os vídeos están clasificados segundo a súa temática, o idioma no que foron gravados ou subtitulados e o nivel de ensino no que se considera que poden ser empregados. Alén disto, achégase unha ficha descritiva coa información básica de cada recurso.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.