Galicia vivirá este martes 9, a chegada dunha fronte activa que entrará polo oeste durante a mañá e que avanzará con rapidez cara ao leste ao longo da xornada. Segundo a previsión meteorolóxica, a mañá será húmida na metade occidental, onde se esperan chuvias continuas, mentres que no leste os ceos permanecerán nubrados á espera da chegada das precipitacións.
Co avance do día, a partir do mediodía, a situación mellorará gradualmente na costa, onde se abrirán claros, e as chuvias máis significativas concentraranse nas provincias de Lugo e Ourense, onde a fronte deixará os acumulados máis destacados.
As temperaturas manteranse sen cambios ou con lixeiros descensos, tanto nas máximas como nas mínimas, mantendo un ambiente fresco propio desta época.
O vento soprará durante a mañá do sur forte, con refachos moi fortes en puntos expostos do litoral e zonas altas. Tras o paso da fronte, irá virando a compoñente oeste e perderá intensidade de maneira progresiva.

O noso mar; vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e do sudoeste á noite, forza 7 a 8 á mañá, 5 a 6 á tarde e 3 a 4 á noite. Media vaga á mañá, forte marusía á tarde e marusía á noite. Visibilidade regular á mañá e á tarde e boa á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 4 a 5 metros á mañá e 3 a 4 metros á tarde e á noite.



