O Concello da Pobra presenta este xoves aos veciños os achados da escavación no Castro da Croa

08 Decembro 2025

O Concello dará a coñecer este xoves, 11 de decembro, a partir das 16.00 horas, os primeiros resultados da escavación arqueolóxica no Castro da Croa, nunha visita guiada aberta ao público e sen necesidade de inscrición previa. A actividade desenvólvese en colaboración coa Comunidade de Montes de San Isidro de Postmarcos.

O alcalde, José Carlos Vidal, anima a toda a veciñanza a participar nesta iniciativa, que cualifica como “unha oportunidade única para saber máis sobre o xacemento, un dos máis importantes e singulares da comarca”. Vidal destaca que a Croa de Postmarcos é “o primeiro castro de interior que se escava no Barbanza”, o que reforza o seu interese histórico e patrimonial.

Valorización do patrimonio local

A visita busca achegar aos veciños e veciñas a historia deste enclave e subliñar a súa relevancia para favorecer unha maior conciencia sobre a importancia de preservar o patrimonio municipal. O Concello xa organizara unha actividade similar na Corte do Santo, tras os traballos de prospección realizados o pasado mes de outubro.

Un xacemento único na comarca

O Castro da Croa foi adquirido polo Concello en 2024 para garantir a súa conservación e impulsar novas investigacións arqueolóxicas. Trátase dun castro de tamaño medio que destaca por dous elementos singulares:

  • É o único castro cun recinto circular levantado aproveitando un outeiro naturalmente protexido polo río.
  • Conserva en moi bo estado o seu sistema defensivo, un dos mellor preservados da zona.

As escavacións actuais abranguen unha superficie duns 60 metros cadrados e permitirán avanzar no coñecemento da Idade de Ferro en Galicia, así como na orixe dos praestamáricos, o pobo que habitou esta comarca durante esa etapa histórica.

Traballos en marcha

As tarefas están sendo executadas pola empresa Tempos Arqueólogos, cun investimento de 18.000 euros achegados pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. A campaña está prevista que conclúa o venres, 12 de decembro.

O Concello convida á cidadanía a participar nesta actividade de divulgación, que busca promover o coñecemento e o respecto polo patrimonio arqueolóxico local.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...