A Consellería do Mar garante a formación sanitaria obrigatoria para o sector ante a falta de cursos do ISM

07 Decembro 2025

MAR PON A DISPOSICIÓN OS CURSOS DE FORMACIÓN SANITARIA INICIAL QUE PERMITEN AOS PROFESIONAIS DO SECTOR SEGUIR ENROLADOS

A Consellería do Mar vén de reforzar a súa oferta formativa coa posta a disposición do sector dos cursos de Formación Sanitaria Inicial, obrigatorios para que os tripulantes poidan enrolarse en buques pesqueiros e cumprir coa normativa marítima vixente. A medida activouse ante a ausencia de convocatorias por parte do Instituto Social da Marina (ISM) e a elevada demanda rexistrada nas últimas semanas.

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, participou na clausura do último destes cursos, celebrado na Pobra do Caramiñal, e destacou que esta formación “é esencial para garantir a seguridade a bordo, a correcta atención sanitaria en situacións de emerxencia e o cumprimento dos procedementos de embarque”.

Suárez lembrou que, ata hai pouco, a Mariña Mercante permitía o enrole provisional aos tripulantes que acreditaban ter solicitado o curso, pero coa entrada en funcionamento da nova plataforma electrónica esa excepción desapareceu, provocando unha demanda inmediata de formación sanitaria obrigatoria.

Medidas extraordinarias e reforzo da oferta formativa

Para evitar que os profesionais do mar visen limitada a súa capacidade de embarque, a Consellería activou medidas extraordinarias e ampliou a oferta a través das escolas náutico-pesqueiras autonómicas de Ribeira, Ferrol, Vigo e o Igafa (A Illa de Arousa). Nestes centros impártese formación non regrada cunha ampla programación anual centrada en cursos sanitarios e de seguridade marítima.

A esta oferta súmanse os cursos organizados polas confrarías de pescadores, subvencionados pola orde de formación cando estas entidades solicitan capacitación específica para o seu colectivo. Ademais, a Consellería tamén impulsa directamente accións formativas puntuais ou en colaboración con entidades acreditadas para dar resposta inmediata en momentos de demanda excepcional.

Nova orde de formación en xaneiro

A directora xeral anunciou que en xaneiro verá a luz a nova orde de formación, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa), que permitirá dar continuidade ás accións destinadas ao sector e planificar con maior estabilidade a oferta anual, evitando episodios de saturación como os rexistrados recentemente.

Compromiso coa profesionalización e a seguridade

Ángeles V. Suárez subliñou que “o obxectivo é garantir que ningún profesional do mar quede sen posibilidade de embarcar por falta dunha formación obrigatoria. Por iso activamos todos os mecanismos dispoñibles para atender ao sector con rapidez e eficacia”. Ademais, puxo en valor o papel clave da capacitación sanitaria e de seguridade como pilar na prevención de riscos a bordo.

“A profesionalización é a mellor garantía para un sector máis seguro, máis forte e con máis futuro”, concluíu.

Outros artigos

Noia alzou a voz contra a violencia machista

Na mañá deste mércores 25 de novembro, o alumnado dos centros educativos de Noia foi protagonista da lectura do manifesto con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A axenda deste mércores deu comezo ás 11.45 coa lectura da...

+

Ribeira suma unha nova veciña centenaria: Rosa Dios Cores

Rosa Dios Cores soprou onte o número 100 para converterse nunha nova veciña centenaria de Ribeira. A alcaldesa, María Sampedro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, desprazáronse ata o domicilio familiar da parroquia de Oleiros para compartir tempo nun...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...