A Casa da Cultura de Boiro comeza as súas obras de rehabilitación

05 Decembro 2025

Dende o Concello de Boiro anuncian o comezo das obras de rehabilitación integral da Casa da Cultura de Boiro, un proxecto de 3.854.895 euros e que conta con financiamento do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostíbel e o Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana mediante o PIREP Local.

Até a Casa da Cultura desprazáronse o alcalde, José Ramón Romero, o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, e o arquitecto municipal, Emilio Piña, para coñecer de primeira man como se van a desenvolver os traballos.

Indo á reforma, sinalar que a nova arquitectura vai renovar completo o edificio actual, construído en 1988 e que conta con 1792 metros cadrados de superficie, e que se transformará nun inmóbel de 2.927 metros cadrados para adaptarse ás novas necesidades e servizos no que van convivir a área administrativa, a biblioteca e o auditorio.

A área administrativa estará conformada por unha nova zona de traballo para a atención ao público con despachos e espazos totalmente accesíbeis; así como unha sala de reunións polivalente, almacén e arquivo.

A biblioteca estará adaptada ás novas necesidades e requirimentos actuais con catro espazos diferenciados. Por unha banda, un clásico espazo de arquivo e depósito de fondos; aula de estudo para 32 postos, que disporá cada un de iluminación individualizada e sistemas de carga para dispositivos; un espazo informático illado, con 8 postos; e un espazo específico para ludoteca e actividades infantís de fomento da lectura como as que xa se veñen desenvolvendo na actualidade.

Cómpre salientar dentro desta reforma, o auditorio, que ampliará a súa capacidade para un total de 535 espectadores, unha ampliación do 46% con respecto á súa capacidade actual; un espazo versátil que permitirá o uso flexíbel cunha ocupación do 50%, 70% ou 100%. Vai ser un espazo cun deseño fono-acústico pensado para a máxima calidade de son, con butacas de fabricación española de máxima comodidade e ergonomía. O espazo do auditorio completarase con camerinos, espazo de almacén, unha sala polivalente que permitirá actividades de formación, un vestíbulo principal para a realización de actos e a renovación integral dos aseos.

A totalidade do inmóbel está deseñado para que o balance de emisións e consumo sexa cero mediante a mellora do illamento térmico, mellora da iluminación cun sistema de moi baixo consumo, sistemas de calidade de aire interior con renovación, instalación de sistemas de

xeración de enerxía fotovoltaica. Todo isto vai permitir pasar do edificio actual, cunha cualificación enerxética E a un de cualificación enerxética A. Asemade, o novo edificio contará con accesibilidade plena e universal dende a Avenida da Constitución, para o que se vai crear un percorrido con zonas de sombra e descanso a modo de gran vestíbulo exterior con pendentes inferiores ao 7% que permita conectar o inmóbel coa rúa.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.