Expertas en arquitectura mostran en Rianxo os modelos urbanos (ideais) que nos agardan

12 Xullo 2019

20190712

Estes días, até o domingo, estanse a celebrar en Rianxo unhas xornadas que buscan establecer modelos urbanos futuros (as vilas e cidades que desexamos ter) a partir dos resultados de experiencias urbanísticas pasadas e presentes e, sobre todo, a partir dun factor de coñecemento e intuición de probada valía: o sentido común. Estamos a falar das xornadas Na vila do mañá, hai mulleres.

Nelas participan unha ducia de arquitectas, achegando os seus puntos de vista sobre como deberan ser construídas as contornas urbanas a partir de xa: recollendo da experiencia o positivo e ollando cara ao futuro con espírito renovador. Tamén se desenvolve un obradoiro aberto á cidadanía que busca impulsar o traballo en común para afrontar un reto urbanístico concreto de Rianxo: a conversión dun espazo público en Campo de Arriba, onde foi derrubado un inmóbel, nun espazo axeitadamente acondicionado.

As xornadas arrincaron este xoves 11 e están dirixidas pola arquitecta Sandra González, impulsora dun proxecto (Na vila do mañá, hai mulleres) que comezou a súa andaina en 2016.

Hoxe venres as sesións tiveron feitura de xornadas técnicas, sendo os temas a tratar o papel da muller na arquitectura, o urbanismo e as administracións e as súas competencias (en todo o sentido do termo, tamén de capacidade e talento). Estas xornadas foron moderadas por Fernando Agrasar Quiroga, director da Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña. Participaron (na mesa 1) as seguintes arquitectas: Elvira Carregado Pazos, María Fernández Lemos, Paola María Mochales, María Pierres López e Teresa Taboas Veleiro. Doutora Arquitecta e exconselleira de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia. Na mesa 2 tomaron parte activa María Carreiro Otero, Amparo Casares Galleo, Ana Gabriela Godinho Lima, Luz Paz Agras e Débora Sanches.

Este sábado 13 de xullo proseguirá o obradoiro colectivo que se desenvolve baixo o epígrafe A Vila do Mañá, en horario de 10.00 a 14.00 horas e, pola tarde, de 16.00 a 20.00 horas. O domingo porase o remate o taller colaborativo e cidadá, en horario de 10.00 a 14.00 horas.

As xornadas veñen da man do Concello de Rianxo, a Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña, a Universidade Presbiteriana Mackenzie, a Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego e POST arquitectos.

Outros artigos

Cáritas Diocesana aproba as contas do ano 2023 cun saldo positivo

Socios, achegas, donativos e colectas sitúanse no primeiro lugar dos ingresos cun 33%. Cáritas Diocesana de Santiago obtivo un resultado positivo de 533.476 euros, segundo o exercicio económico do ano 2023 aprobado durante un Consello que presidiu o arcebispo de...

+

Os socialistas do Barbanza amosan o seu apoio a Pedro Sánchez

Os socialistas do Barbanza reunironse esta mañá en Rianxo en apoio ao presidente, Pedro Sánchez. O secretario comarcal, Luis Ruiz, leu un manifesto acompañado dos candidatos comarcais e a militancia socialista da comarca. ​ “Os partidos da dereita, incapaces de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

A frase non é -que máis quixera!- da miña autoría. Pertence ao escritor monfortino Lois Diéguez, quen na contracuberta da súa obra "As voces amadas" (publicada o ano pasado) dí: "... eu non son así, eu non son un móbil nin máquina ningunha. Rebélate, pois, se tes...

“25 abril medio siglo de historia II”. Manuel Dominguez

“25 abril medio siglo de historia II”. Manuel Dominguez

El sol acaricia suavemente los cristales de la ventana, las cortinas dejan pasar un hermoso rayo de luz, llego la hora. La plaza del comercio, donde se celebrarán los actos conmemorativos, allí haciendo las líneas de un cuadrado el pueblo portugués espera, espera para...