A Pobra dá inicio ao Nadal co acendido das luces e a inauguración do Belén municipal

30 Novembro 2025

A Pobra do Caramiñal deu a tarde do domingo 30 o pistoletazo de saída á tempada de Nadal cun acto que reuniu a numerosas veciñas e veciños. O acendido das luces e a inauguración do Belén municipal centraron unha xornada pensada para compartir ambiente festivo e desexos de boas festas.

O Goberno local aproveitou a ocasión para felicitar ás persoas asistentes, trasladando unha mensaxe de felices festas e bo Nadal a toda a cidadanía. O evento buscou, ademais, fomentar o espírito destas datas, ofrecendo alternativas de lecer tanto para maiores como para os máis pequenos.

O actor e músico noiés Serafín Lorenzo exerceu como mestre de cerimonias nun acendido cheo de emoción. A continuación procedeuse á apertura do Belén municipal, unha recreación deseñada e montada por María Sanmartín, integrante do equipo de xardinaría do Concello.

A xornada pechouse dun xeito especialmente doce cunha chocolatada para as nenas e nenos, que puxo o broche final a unha tarde marcada polo encontro, a luz e a ilusión do Nadal.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.