Rianxo celebrou o 25N con múltiples actividades

26 Novembro 2025

Rianxo celebrou o 25N (Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero) a través de diferentes frontes de actividade e loita colectiva. No centro de día de AGADEA as persoas usuarias uníronse contra a violencia machista desde a a memoria e a forza compartida, elaborando un mural reivindicativo, letra a letra, cor a cor, lembrando que a violencia de xénero non é só unha cifra: é unha ferida social que debemos erradicar entre todas e todos.

Ademais, un dos puntos máis reivindicativos de Rianxo foi o Campo de Arriba, onde foi habilitado o Tendal da vergoña e onde se leu o manifesto institucional ás 20.00 horas, acompañado de música de pandeireteiras rianxeiras entoando xuntas a Canción sen medo da cantautora mexicana Vivir Quintana.

Destacar tamén a proxección, no Auditorio, do documental O próximo baile será contigo, unha ollada en primeira persoa á forza do apoio mutuo entre as mulleres, á loita fronte á violencia institucional e á dor da ausencia.

Sinalar tamén que até o 30 de novembro estarán expostas as pancartas de Irmandiñas Púrpuras no segundo andar do Auditorio de Rianxo.

Tamén están colgadas na balaustrada do Pavillón Municipal José Manuel Abuín “Chema” as bufandas contra a violencia elaboradas por Ondiñas Mainas.

Outros artigos

Luns 2, manterase o tempo seco e soleado con forte contraste térmico

O tempo manterase este luns 2, Fieis Defuntos, estable no comezo da semana con néboas matinais e contraste térmico O inicio da semana estará marcado pola continuidade dunha situación atmosférica moi estable en toda a comunidade galega, sen cambios significativos a...

+

Os cemiterios énchense de flores no Día de Todos os Santos

O pobo mantén viva unha tradición que conecta o presente coa lembranza dos seres queridos ausentes O Día de Todos os Santos volveu encher de cor, flores e recollemento os camposantos galegos nunha xornada marcada polo recordo e o agarimo cara a quen xa non están. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

Esta, sufrida en Urda, ha sido más dura, no solo por el número de muertos y heridos, sino también porque “llueve sobre mojado”. Las palabras “inverosímil e inexplicable”, del responsable de los transportes en España, no se sostienen ante el principio que hemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.