O Concello de Lousame pon en marcha a campaña “Abrígate baixo o paraugas do bo trato”

25 Novembro 2025

O Concello de Lousame, en colaboración co CPI Plurilingüe Cernadas de Castro, puxo en marcha este martes 25 de novembro a campaña de sensibilización Abrígate baixo o paraugas do bo trato, financiada con cargo ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e o Ministerio de Igualdade. O acto de presentación (e de conmemoración do 25N), celebrouse na praza do concello e nel tomaron parte máis de 150 persoas, entre persoal municipal, representantes da corporación municipal, alumnado do colexio e integrantes das asociacións inclusivas do Barbanza Amicos e A Misela.

O alcalde, Esteban Ares García, foi o encargado de dar lectura ao manifesto institucional contra a violencia de xénero no que “dende o Concello de Lousame apelamos á tolerancia cero cos maltratadores para poñer fin a esta lamentábel lacra e, xunto con toda a cidadanía, colaborar na construción dunha sociedade máis solidaria, máis equilibrada, máis igualitaria e sen discriminación”.

Tamén fixo un chamamento aos mozos e mozas reunidos na praza Teodomiro Hidalgo: “Anímovos a que loitedes, a que tomedes moi en serio o que reivindicamos hoxe e que a todos, mocidade, veciñanza, administracións, nos corresponde cambiar”.

Acto seguido, tomou a palabra o alumnado do CPI Cernadas de Castro, que xa levan unhas semanas traballando na campaña Abrígate baixo o paraugas do bo trato e que incluso asistiron con paraugas da iniciativa decorados con mensaxes contra a violencia de xénero e a favor da igualdade. A maiores, deron lectura a unha serie de haikus contra a violencia de xénero elaborados nas clases. A eles sumáronse os membros de Amicos e A Misela, que tamén leron distintas mensaxes a prol da igualdade e contra a violencia machista.

O acto rematou coa pegada deses haikus e mensaxes nun gran panel violeta elaborado polo Concello de Lousame coa lenda Abrígate baixo o paraugas do bo trato e onde as mensaxes negativas (violencia, machismo, desigualdade…) eran as pingas da choiva e os paraugas protexían as mensaxes positivas (igualdade, respecto, dereitos…).

Concurso

Esta campaña dará agora o salto ás redes sociais, onde todas as persoas que o desexen poderán participar ata vindeiro 7 de decembro. Haberá dous xeitos de participación:

-Compartindo en redes sociais a publicación que o Concello de Lousame faga da campaña Abrígate baixo o paraugas do bo trato e utilizando o cancelo #abrigatenobotrato

-Ou Compartindo unha fotografía cun paraugas, co cancelo #abrigatenobotrato e etiquetando nela Concello de Lousame na rede correspondente: Facebook (concello.delousame), Instagram (@somosLousame) ou X (@SomosLousame).

En caso de non dispoñer de Redes Sociais, o Departamento de Igualdade de Lousame dá tamén a opción de enviar a frase por WhatsApp ao 689 126 385, indicando o nome e apelidos de quen a envía ou ao grupo ao que representa.

O concurso está aberto a toda a veciñanza e pódese participar de xeito individual ou grupal (aulas, entidades, asociacións…). O prazo para enviar frases remata o 7 de decembro e ao finalizar a campaña sortearanse os seguintes premios:

1 vale por unha cea para catro persoas nun restaurante de Lousame entre as persoas que participaran de xeito individual compartindo a súa foto co paraugas

2 vales de 50€ para gastar nas farmacias de Lousame entre os grupos que participaron compartindo a súa foto co paraugas.

2 vales de 50€ para gastar nunha ferraxería de Lousame, entre que participe so compartindo a campaña.

50 paraugas rotulados co lema da campaña entre todas as persoas/grupos que participaran na iniciativa en xeral

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.