María Calvo Ares celebra os seus 100 anos en Lestrobe converténdose na única centenaria de Dodro

23 Novembro 2025

María Calvo Ares, veciña de O Campo, 1, Lestrobe, celebrou este sábado o seu centenario, converténdose na única persoa centenaria do concello de Dodro.

A homenaxe contou coa presenza da concelleira de Servizos Sociais, Teresa Batalla, e do alcalde, Xabier Castro, que acompañaron á veciña nesta data tan especial e mesmo fixeron as veces de fotógrafos para inmortalizar o momento.

María compartiu a xornada rodeada da súa familia: o seu fillo, dúas netas e unha dos seis bisnetos, nunha celebración íntima e emotiva que puxo en valor a súa longa vida e o papel das persoas maiores na comunidade.

Con este aniversario, Dodro suma un motivo de orgullo colectivo, recoñecendo a María como testemuña viva da historia local e símbolo da vitalidade da súa veciñanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.