A Deputación da Coruña clausura en Boiro as súas xornadas formativas para entidades deportivas de base

21 Novembro 2025

A Deputación da Coruña pechou en Boiro o ciclo de xornadas formativas dirixidas a entidades deportivas de base da provincia, un programa que se desenvolveu en oito municipios e que contou cunha ampla participación de clubs e profesionais do ámbito deportivo.

O deputado de Deportes, Antonio Leira, desprazouse ata o municipio boirense para clausurar esta última sesión, na que se abordaron cuestións clave como o patrocinio e as doazóns —nunha charla impartida por Yago Casal— e os efectos da nutrición no rendemento deportivo e na saúde, a cargo de Alicia Villegas.

Leira destacou que “a formación e o acompañamento aos clubs son dous piares fundamentais para que o deporte siga sendo un motor social, educativo e de saúde no conxunto da provincia”. O responsable provincial puxo en valor tamén o papel de Boiro como sede desta clausura e agradeceu a elevada participación das entidades locais e comarcais.

O programa formativo impulsado pola Deputación busca ofrecer ferramentas prácticas e contidos especializados para mellorar a xestión, organización e funcionamento diario das entidades deportivas, avanzando cara a un modelo de apoio continuado que fortaleza o deporte de base.

Segundo Leira, “en cada unha destas paradas vimos o enorme potencial deportivo da provincia e a vontade dos clubs por seguir mellorando”, o que confirma o éxito desta iniciativa e a aposta da Deputación pola profesionalización e o fortalecemento do tecido deportivo provincial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.