O Concello de Padrón amplía ata o 30 de novembro o prazo de inscrición para establecementos na campaña ‘Bonos Padrón’

21 Novembro 2025

A campaña Bonos Padrón. Padrón ten o que precisas está a recibir unha resposta moi positiva por parte dos negocios do municipio, segundo confirmou o Concello, que agradeceu esta acollida polo que decidiu ampliar o prazo de inscrición ata o domingo 30 de novembro co obxectivo de facilitar que máis establecementos poidan incorporarse.

Máis de cincuenta comercios, locais de hostalería e aloxamentos xa forman parte da iniciativa desde que se abriu o período de inscrición o día 15. “A resposta confirma que os negocios ven na campaña unha ferramenta útil para incentivar as compras durante o mes de decembro”, sinalou o Concello, engadindo que a inscrición seguirá activa dez días máis na web bonospadron.gal para todos os establecementos con actividade en Padrón, excepto supermercados, grandes superficies e venda ambulante. Esta adhesión permite aplicar os bonos e ademais sumarse á difusión municipal.

Como se realiza o cobro dos bonos

A iniciativa non supón custos para os establecementos. As persoas beneficiarias aboarán as compras empregando un bono desconto de 10 euros para compras iguais ou superiores a 20 euros que despois os establecementos adheridos deberán entregar no departamento de Turismo, xunto co o tícket ou factura correspondente.

O pagamento das cantidades descontadas realizarase unha vez presentada a documentación. O prazo para entregar os bonos e iniciar o procedemento de abono será do 1 ao 16 de xaneiro de 2026.

O material promocional está dispoñibel na Oficina de Turismo. Inclúe carteis e distintivos que permiten identificar os locais participantes.

A campaña conta cun investimento municipal de vinte mil euros e pon á disposición da cidadanía dous mil bonos de dez euros. Poderán empregarse en compras realizadas entre o 1 e o 31 de decembro. A entrega dos bonos iniciarase o 1 de decembro de forma presencial, con prioridade para persoas empadroadas, na planta baixa da Escola Municipal de Música situada na Praza da Igualdade.

O Concello anima a todo o tecido comercial a sumarse e aproveitar esta oportunidade de impulso económico especialmente nun dos períodos de maior actividade do ano.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.