A Deputación de Pontevedra acolle un desfile de traxes tradicionais galegos inspirados na obra de Castelao

21 Novembro 2025

O Pazo Provincial de Pontevedra (sede da Deputación) acolleu este xoves 20 de novembro o desfile de traxes tradicionais galegos recollidos na obra de Castelao organizado pola asociación etnográfica Sete Espadelas. Na cita participou o presidente provincial, Luis López, que salientou que “a Deputación é unha casa amiga da cultura, unha casa amiga dos colectivos e unha casa que defende, coida e divulga con orgullo a súa historia e raíces”, afirmou o mandatario provincial, nun acto no que tamén participou o deputado de Cultura, Jorge Cubela.

No vestíbulo e salón de plenos do Pazo provincial, a asociación etnográfica Sete Espadelas presentou unha exposición de traxes tradicionais galegos dun xeito singular, cun desfile de 43 traxes elaborados polos integrantes do colectivo inspirados de xeito fidedigno nas diferentes clases sociais pertencentes aos séculos XVIII e XIX de Galicia.

Unha colección que o artista, escritor e político de Rianxo recolleu nos seus debuxos para retratar o carácter e identidade da sociedade galega. “Sete Espadelas, con esta exposición, demostra a súa sensibilidade, o seu coñecemento e o seu valor como referencia para a protección e divulgación da nosa cultura”, defendeu o presidente.

A acollida desta pasarela amplía o abano de actividades promovidas pola Deputación con motivo do 75 aniversario do falecemento de Castelao. Unha efeméride que o goberno provincial redondeará coa exposición por primeira vez na historia do Museo provincial da obra cumio de Castelao, A derradeira lección do mestre, unha pintura cuxa cesión pechará o presidente Luis López a vindeira semana nunha viaxe institucional a Arxentina para asinar o acordo co Centro Gallego de Bos Aires, titular dunha peza cuxo debuxo orixinal forma parte dos fondos do Museo de Pontevedra, a institución que garda a maior colección de Castelao.

“Culminaremos este merecido recoñecemento a Castelao a vindeira semana, cunha viaxe institucional a Bos Aires para traer por primeira vez a Pontevedra a súa obra mestra”, anunciou o mandatario provincial despois de enumerar outras iniciativas da Deputación como a convocatoria do primeiro Premio Castelao para a produción de textos teatrais ou as visitas guiadas ao Museo para afondar na súa obra.

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.