A axente da Aula CeMIT de Ribeira, recoñecida nos II Premios Axentes TIC

20 Novembro 2025

A axente da Aula CeMIT de Ribeira, Rebeca Crujeiras, resultou galardoada nos II Premios Axentes TIC da Rede CeMIT 2025, que convoca a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

A Rebeca concedéronlle o primeiro premio na categoría Axente TIC que, ademais da distinción, supón unha contía económica de 2.000 euros. A traballadora municipal recolleu este galardón nunha gala celebrada este xoves 20 de novembro na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, na compaña do concelleiro de Innovación e Novas Tecnoloxías, Álex Vidal.

Este certame busca recoñecer o compromiso e o labor dos axentes TIC (siglas de Tecnoloxías da Información e a Comunicación) e responsábeis da aula, contribuíndo a unha Rede CeMIT máis eficiente e moderna que asegura que a cidadanía conte con capacidades dixitais para poder participar de forma máis efectiva no novo contexto dixital.

Rebeca manifesta que foi unha sorpresa esta distinción ao que concorreu presentando a súa candidatura coa cantidade de xente á que formou, horas de clases e número de cursos impartidos. Quere tamén trasladar o seu agradecemento a un dos seus compañeiros da Aula CeMIT, así como ao actual edil de Innovación e Novas Tecnoloxías, Álex Vidal, e ao seu predecesor, Francisco Suárez-Puerta.

Tamén o concelleiro Álex Vidal celebrou este recoñecemento “a unha traballadora municipal que se implica ao cento por cento na dinamización da Aula CeMIT e en achegar á cidadanía ribeirense cursos e novidades para a súa alfabetización dixital e mellorar as súas capacidades no mundo da informática”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.