MercaNaVila (Deputación) amplíase até o 3 de decembro dada a demanda e o éxito de participación

19 Novembro 2025

A Deputación da Coruña decidiu ampliar ata o 3 de decembro o prazo de vixencia do programa MercaNaVila, cuxa faciana visíbel é a plataforma Mercanavila.gal, tras “rexistrar unha resposta extraordinaria por parte da cidadanía e do comercio de proximidade das distintas comarcas da provincia”. A decisión atende tamén ás peticións trasladadas por varios concellos e pola Federación Galega de Comercio, que recolle as demandas das asociacións locais.

O presidente Valentín González Formoso explicou que desde o seu lanzamento o pasado 20 de outubro, “MercaNaVila superou con creces as previsións iniciais”. Así, sinalou, rexistráronse preto de 80.000 bonos descargados nos dispositivos pola cidadanía, máis de 156.000 operacións de compra e un volume de vendas superior aos 9,6 millóns de euros. Participan na iniciativa 1.188 establecementos adheridos nas vilas e concellos de menos de 20.000 habitantes de toda a provincia.

Dotado cun orzamento de 6 millóns de euros, MercaNaVila ten como obxectivo “impulsar o consumo no comercio local e apoiar ao tecido económico dos concellos máis pequenos da provincia da Coruña”. Ata o momento, máis de 2 millóns de euros en descontos xa foron aplicados, xerando un impacto directo na dinamización comercial e no mantemento do emprego local.

O presidente informou que “o programa está a ter unha incidencia especialmente positiva no rural e nos municipios de menor poboación, que son os principais beneficiados”. Salientou que “MercaNaVila contribúe a dinamizar as rúas das vilas, atraendo clientela que noutros momentos se desprazaría ás grandes cidades para realizar as súas compras e, incluso, favorecendo o efecto contrario: que persoas das urbes se acheguen ás vilas da provincia a facer as súas compras”.

Desta forma, dixo, “a iniciativa reforza a actividade económica nos núcleos máis pequenos e axuda a manter vivo o comercio de proximidade”.

Tamén destacou que “a adhesión de comercios en todas as comarcas garante unha participación ampla e equilibrada, e permite xerar un efecto multiplicador nas economías locais, fortalecendo o tecido comercial da provincia”.

A ampliación do prazo de MercaNaVila permitirá ademais aos consumidores aproveitar os período das ofertas do Black Friday, conseguindo un desconto adicional nas súas compras, e anticipar as súas compras de cara ao Nadal.

Os alcaldes de Boiro e Noia (josé Ramón Romero e Francisco Pérez) xunto con Valentín González Formoso na presentación de Mercanavila no Barbanza

A Deputación, en colaboración coa Federación Galega de Comercio, agradeceu a implicación dos concellos e das asociacións de comerciantes na difusión e posta en marcha “dun programa que está a chegar a todos os recunchos da provincia, incluídos aqueles con menor densidade de poboación”, salientou González Formoso, lembrando que “MercaNaVila enmárcase nunha estratexia máis ampla da institución provincial para fortalecer o comercio de proximidade e apostar pola dinamización socioeconómica do rural da provincia”.

Cada bono MercaNaVila permite descontos de ata 100 euros por persoa, aplicando un desconto directo de entre 5 e 15 euros no momento da compra. O obxectivo é facilitar o acceso a produtos e servizos de proximidade, ao tempo que se incentiva o consumo nos establecementos participantes. Salóns de peiteado, tendas de moda, librerías, ferraxerías, tendas de electrodomésticos, ópticas, xoierías…son moitos os negocios que se sumaron ao programa.

A través da plataforma web oficial, as persoas usuarias poden descargar de balde os seus bonos, consultar os comercios adheridos e localizar os establecementos máis próximos por concello ou sector.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...