Mar impulsa a rexeneración e restauración do banco marisqueiro do Bohído

17 Novembro 2025

A Xunta sementa 130.000 novas ameixas babosas na ría de Arousa para reforzar a recuperación dos bancos marisqueiros

A Consellería do Mar realizou este martes unha nova acción de repoboación no banco marisqueiro do Bohído, na ría de Arousa, coa sementeira de 130.000 unidades de ameixa babosa procedentes do minicriadeiro do Vicedo, dependente do Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo. A intervención abrangueu unha superficie de 500 metros cadrados e supón unha continuidade dos traballos iniciados nos últimos tres anos para restaurar os recursos bivalveiros da zona.

Segundo explicou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, entre maio de 2022 e novembro de 2025 a Xunta sementou no Bohído 337 quilos de xuvenís de ameixa, o que representa 1.088.534 unidades, maioritariamente de ameixa babosa, cunha talla media de 27,8 milímetros. No mesmo período, a superficie total de actuación ascendeu a 2.934 metros cadrados.

A responsable autonómica destacou que o marisqueo “é un pilar fundamental na economía e na identidade costeira de Galicia”, e subliñou que estas accións permiten “recuperar a actividade dos bancos e preservar o equilibrio ecosistémico do litoral”. Entre 2023 e 2025, este tipo de intervencións supuxeron un investimento de 6,6 millóns de euros, cofinanciados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).

A Xunta avanzou ademais que os Orzamentos de 2026 incluirán partidas específicas por valor de 3,97 millóns de euros destinadas á explotación sustentable dos recursos, á mellora das zonas de produción, á protección dos ecosistemas e ás paralizacións temporais. Precisamente, esta área afronta un período de veda no último trimestre de 2025 e unha parada biolóxica no primeiro trimestre de 2026, durante os que o sector recibirá as correspondentes compensacións.

Once sementeiras dende 2022

Coa intervención deste martes, o banco do Bohído suma once sementeiras realizadas desde 2022. Entre maio de 2022 e xullo de 2023 repoboouse con 496.284 unidades de ameixa babosa e 4.500 de xaponesa, mentres que entre maio e novembro de 2025 se engadiron 565.050 exemplares de babosa e 22.700 de xaponesa.

Estas actuacións forman parte dun proxecto integral que inclúe a mellora do substrato, a retirada de especies invasoras e a monitorización ambiental das zonas intermareais, en colaboración coas confrarías e centros de investigación mariña. A repoboación busca paliar o descenso de stock rexistrado nos últimos anos debido ás intensas choivas, ás altas temperaturas e á baixa salinidade da auga, fenómenos que minguaron notablemente a presenza de bivalvos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.