Domingo 16, xornada inestable pola proximidade dos restos da borrasca Claudia. Empeza a melloralo tempo

15 Novembro 2025

A proximidade dos restos da borrasca Claudia, situados moi preto do noroeste peninsular e en desprazamento cara ao sur, deixará este domingo 16, Santa Inés eSanta Margarida, unha xornada marcada pola inestabilidade atmosférica en toda Galicia.

Agárdanse ceos maioritariamente nubrados e precipitacións máis activas no oeste, onde as choivas poderán ser localmente fortes e puntualmente tormentosas. Nas demais zonas, tamén se rexistrarán episodios de precipitación, aínda que de forma máis irregular.

As temperaturas manteranse sen cambios significativos, tanto nas máximas como nas mínimas.

O vento, de compoñente sur, soprará con forte intensidade a primeira hora, especialmente no litoral e en zonas altas, para ir amainando co avance da xornada.

O luns teremos circulación do nordés, xornada de ceos con nubes e claros en xeral, empezan a baixar as temperaturas.

Cmeteogalicia

PROGNÓSTICO PARA AS DÚAS PRÓXIMAS SEMANAS

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá, do sudoeste á tarde e do leste á noite, forza 4 a 6 á mañá, 3 a 4 á tarde e 2 a 3 á noite. Forte marusía á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade mala á mañá, regular á tarde e boa á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.