Superadas as 200 incidencias en Galicia polo paso da borrasca Claudia

12 Novembro 2025

As máis reiteradas tiveron que ver coa circulación en estradas, como a caída de árbores ou pólas nelas (89), ou cables e postes (25). O 112 Galicia tamén rexistrou numerosas intervencións de prevención de risco, acadándose as 37.

Desde o comezo do día de onte, as provincias de Pontevedra e da Coruña foron as máis castigadas polo temporal, con 92 e 74 sucesos relacionados coa climatoloxía adversa, respectivamente. Namentres, Lugo chegou ata 39 e Ourense 20.

Nas últimas horas non se produciron incidentes de gravidade relacionados cos efectos do temporal. Igualmente, cómpre mencionar o derrubamento dun muro en Petelos (Mos) que cortou a circulación por unha vía, así como a caída dunha árbore sobre unha casa en Cedeira (Redondela), o que causou danos materiais. En ningún dos dous casos houbo xente afectada.

Precisamente na provincia de Pontevedra é onde atopamos os concellos con maior número de incidencias, como son Vigo (20) e Vilagarcía de Arousa (12). Os seguintes serían Ribeira (8) e o concello de Lugo (7).

Cómpre mencionar que, aínda que xa se deu por finalizada a alerta laranxa na costa, continúan activos outros avisos na comunidade galega, polo que é preciso extremar a precaución. Ademais, mantense activo o Plan Inungal, con varias estacións baixo observación: Castro-Cee, Cabeiro-Redondela, Vigo-Eifonso, Miñor-Gondomar, Gallo-Umia-Cuntis e Lérez.

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.