Tona lanza “Carracho”, unha canción con coplas retranqueiras “para bailar e deixarse levar”

10 Novembro 2025

Tona, a banda liderada polo muradán Miguel Cernadas (Terbutalina), lanzará este 11 de novembro o tema Carracho, unha canción con coplas retranqueiras para, en palabras de Cernadas, “bailar e deixarse levar” e a través da cal a banda avanza o son deste novo proxecto musical, que sorprende coa súa particular visión das melodías populares, e que nas vindeiras semanas publicará o seu EP debut. 

Tona dáse a coñecer ante o mundo como unha banda que fai Música da Ribeira: a quen fan estes descendentes de piratas e contrabandistas, que aprenderon a falar antes que a andar. É a música que soaría na aldea muradá de Ventín, no caso de que soase algo, e que nunhas semanas se poderá escoitar tanto nas plataformas como ao vivo, pois a banda actuará na Foliada da Fonsagrada.

A troupe de Tona é unha formación única: Miguel Cernadas na voz e composición; Tomás Ageitos (Compañía do Ruído, Das Kapital) na batería e composición; Andrés Real (Oh Ayatollah) ao baixo; Roberto Comesaña no acordeón; e Gutier Álvarez no violinofón. Todos eles acompáñanse de Víctor Álvarez como coautor, arranxista e técnico de son ao vivo. 

Logo de avanzar temas como O Maio, Rhumba95 ou O casal, mañá chega Carracho,  que Tona define como “unha mestura, un cruce de camiños, ritmos de aquí, melodías de alá”. Unha canción cun son diferente, con coplas retranqueiras e que convida ao baile e a deixarse levar; tal e como se poderá ver no videoclip do tema -dirixido por Paco Freire, con Manuel Tato Silva na cámara e con Óscar e Sergio Cobos de bailadores-, que tamén estará dispoñible desde mañá na canle de Youtube de Tona.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.