A Policía Local de Ribeira incorpora un vehículo con distintivo ambiental

02 Novembro 2025


O Concello de Ribeira adquiriu un vehículo con distintivo ambiental grazas á colaboración da Xunta de Galicia co obxectivo de reforzar o equipamento da Policía Local no desenvolvemento das súas funcións, entre as que se atopan as preventivas de protección ambiental e espazos naturais, intervencións e xestión de situación de risco ou sinistro, a recollida de mostras de residuos ou vertidos e actuacións relacionadas coa prevención e
defensa contra os incendios forestais.

A alcaldesa e titular da área de Seguridade Cidadá, María Sampedro, participou na recepción do vehículo xunto co inspector xefe do corpo
policial, José Manuel Bretal, e o axente, Adrián Chorén. “Esta adquisición fortalece os medios materiais para o desenvolvemento das tarefas habituais dos axentes. E o novo coche conta con selo conforme se respecta o medio ambiente”, explicou a rexedora.

Tralo proceso de licitación, o contrato de subministración do vehículo adxudicouse á empresa Técnicas y Servicios de Automoción, S.A. por
un importe de 38.119,60 euros, IVE incluído, subvencionado en parte polo Fondo de Compensación Ambiental.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.