A xira de encontros coa cidadanía do Concello de Noia recala o 29 de outubro en Orro

24 Outubro 2025

O Goberno Escoita, a xira de xuntanzas veciñais do Concello de Noia, chega a vindeira semana a Orro, logo do encontro celebrado en Pontenafonso, onde o equipo de Goberno tomou nota das principais demandas das persoas residentes neste núcleo.

O vindeiro mércores, 29 de outubro, ás 19:00 h, o alcalde e o equipo de Goberno achegaranse ao Local Social de Orro para seguir recollendo as ideas, propostas e inquedanzas da veciñanza.

Segundo o Concello, “a participación veciñal é clave para seguir construíndo unha Noia mellor”.

Dende o Executivo local tamén destacan o “bo resultado” e a “gran acollida” que están a ter as xuntanzas de O Goberno Escoita en todas as parroquias.

E engaden: “Queremos seguir escoitando ás veciñas e veciños, como fixemos coas reunións abertas co comercio, a hostalaría ou na organización do Samaín, recollendo ideas e propostas para mellorar entre todas e todos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.